02 ene 2013 . Actualizado a las 07:00 h.
Edicións Positivas anunciou para os primeiros días deste mes de xaneiro, o primeiro volume das obras completas de Roberto Vidal Bolaño. Un volume no que están obras como Animaliños, Criaturas ou Rastros. Ao longo do ano irán publicándose o resto dos tomos na mesma editorial.
Laiovento conta no seu catálogo co amplísimo estudo que realizou Xosé Manuel Fernández Castro, A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño. Neste libro repásase de xeito detallado o conxunto da obra do dramaturgo e repárase especialmente en Agasallo de sombras.
Durante os vindeiros meses aparecerán tamén novas aproximacións críticas á obra do dramaturgo compostelán, entre elas as realizadas por Laura Tato e por Alfonso Becerra.