A Xunta ampliará a súa dotación á Real Academia Galega ata o medio millón de euros

Camilo Franco SANTIAGO DE COMPOSTELA

CULTURA

Con esta aportación a RAG ten comprometidos para 2013 arredor de 850.000 euros

09 ene 2013 . Actualizado a las 19:39 h.

A reunión do presidente da Xunta cos responsables da Real Academia Galega saldouse cun incremento das axudas autonómicas cifradas, como mínimo en 520.000 euros. Con esta aportación a RAG ten comprometidos para 2013 arredor de 850.000 euros.

Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Academia, asegurou trala entrevista con Feijoo, que esta cantidade permite manter o funcionamento actual da institución e evitará ter que rebaixar os labores de investigación ou divulgación que realiza. Tamén descartou ter que facer axustes na plantilla.

Pola súa banda, o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vazquez Abad, sinalou que a contía total coa que a Xunta respaldará á RAG podería aínda incrementarse lixeiramente co apoio económico a algunhas actividades concretas da institución.