O PP eloxia a traxectoria de Ferrín, «un referente» da cultura galega

Efe

CULTURA

Agustín Baamonde, voceiro de cultura do Grupo Popular, amosou o «profundo respecto» á decisión do escritor

25 feb 2013 . Actualizado a las 22:03 h.

O voceiro de cultura do grupo parlamentario do PP, Agustín Baamonde, calificou hoxe ao presidente da Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín, de «referente» da cultura galega, expresou o seu respecto pola decisión de renunciar y valorou a súa tarefa no plano institucional.

O presidente da Real Academia Galega renunciou ao seu cargo, así como á súa condición de membro numerario da institución, segundo comunicou nunha carta remitida aos membros da entidade.

En declaracións aos xornalistas nos corredores do Parlamento, Baamonde dixo que, antes de opinar sobre a renuncia, é preciso coñecer as circunstancias polas que decidiu abandonar que, por agora, «se nos escapan total e absolutamente».

En todo caso, subliñou o «profundo respecto» á decisión do escritor e subliñou que o seu traballo na lírica, a narrativa e como ensaísta «sitúano no nivel de referente».

Tamén confiou en que o seu abandono da Real Academia «non inflúa para nada» no traballo que acomete en favor da cultura de Galicia e insistiu en considerar moi positivo o seu tempo á fronte da institución.

«Sempre mantuvo unha relación de absoluta cordialidade co Goberno galego eestán recentes os problemas dafinanciación» daRAG, pero despois chegouse a un acordo «altamente satisfactorio», agregou.

En espera de coñecer as «auténticas razóns» que o levaron a anunciar que deixa o cargo, Agustín Baamonde reiterou que se trata dun referente cultural «extraordinario e agardamos» que o siga sendo.

Sobre as acusacións de nepotismo na institución, subliñou que os populares sempre mantiveron unha postura «de respecto absolutamente escrupuloso» e dixo que se trata dunha institución allea ao Parlamento, polo que as explicacións que haxa que dar deben ser no seo da academia.