O PSdeG destaca a «fonda coherencia» de Ferrín en defensa do galego

Efe

CULTURA

Francisco Caamaño trasladou ao escritor o seu «máximo respeto» pola decisión de abandonar o cargo como presidente da RAG

25 feb 2013 . Actualizado a las 22:04 h.

O voceiro de cultura e lingua do PSdeG, Francisco Caamaño, subliñou hoxe que Xosé Luis Méndez Ferrín entendeu «á perfección» o espírito da Real Academia, e «sempre foi coherente na defensa da lingua e identidad galegas».

O presidente da Real Academia Galega renunciará ao seu cargo, así como á súa condición de membro numerario da institución, según comunicou hoxe nunha carta remitida aos membros da entidade.

Caamaño trasladou o seu «máximo respecto» pola decisión de abandonar o cargo e expresou o apoio do grupo socialista á Real Academia Galega.

Ademáis de destacar o papel de Méndez Ferrín como defensor da lingua galega «durante todo o tempo que estuvo á fronte desta institución», expresou o seu respecto polo que considerou unha decisión persoal.

En todo caso, subliñou que unha institución «coa historia da RAG sempre estará por riba das persoas».

Caamaño referiuse, igualmente, á «fonda coherencia» de Ferrín na súa actuación de defensa do galego e contra o decreto do plurilingüismo do idioma na educación, unha postura «plenamente compartida polo Partido Socialista», dixo.

Finalmente, apuntou á «incoherencia» da Xunta que, tras ver cómo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia «declaraba a nulidade do seu decreto», afirmou «o contrario e aos poicos días anunciou a súa vontade de recurrir».