O espazo que acolle anualmente a Festa da Palabra celebrará a data na que se conmemoran efemérides como o Día da Auga, o Día da Árbore e o Día da Poesía
20 mar 2013 . Actualizado a las 07:00 h.O escritor e expresidente da Real Academia Galega Xosé Luís Méndez Ferrín exercerá de mantedor na celebración do acto que mañá conmemorará o Día da Poesía na Insua dos Poetas (O Carballiño).
O espazo natural que acolle anualmente a Festa da Palabra, promovida polo Centro Pen Galicia, celebrará a data na que se conmemoran efemérides como o Día da Auga, o Día da Árbore e o Día da Poesía cun acto no que participarán escolares do Carballiño, que recitarán poemas e plantarán árbores, e no que intervirán o presidente do Pen Galicia, Luís González Tosar, e Xosé Luís Méndez Ferrín, que fará de mantedor da festa poética.
As actividades comezarán mañá, día 21, a partires das 11.00 horas e entre os participantes na convocatoria están o presidente da Deputación de Ourense e o conselleiro de Cultura.