
Alejandro Vargas (dir.) | Contemporánea | aCentral Folque | 2012 | 10 temas | 2 libros + CD
07 jun 2013 . Actualizado a las 13:50 h.O Centro Galego de Música Popular, aCentral Folque, recolleu hai uns días na Habana o premio especial Cuba Disco 2013 ás Miniaturas de Granell: Música revelada, que compartiu recoñecemento cos últimos traballos de Omara Portuondo, Ernesto Lecuona, Roberto Fonseca e Frank Delgado, entre outros. Un proxecto musical que eu disfrutei de lonxe e con admiración para os meus compañeiros de oficio. Unha obra de arte plástica feita son, grazas as minicomposicións de Granell, un adiantado e un visionario ao mirar o surrealismo na música, e grazas á súa filla e a Ramón Piñeiro, que souberon decorar e poñer en sabias mans estes apuntamentos musicais de Eugenio. Un disco dirixido musicalmente polo xenio compositor e interpretativo de Alejandro Vargas, arroupado por músicos residentes en Galiza de alta calidade en talento, técnica e imaxinación: 360 graos de execución consciente e voo improvisativo no que podes degustar a música contemporánea, motivos tradicionais galegos, free-jazz... ou ningunha etiqueta comercial para a mente categórica. Deixarse ir e escoitar este filme sonoro que precisa os cinco sentidos e máis aumenta o da intuición.
www.lavozdegalicia.es/fugas | @fugasvoz