Oro Claro «humaniza» o metro de Porto

C. F. Redacción / la voz< / span>

CULTURA

As pezas de Oro Claro no vestíbulo de Álvaro Siza no Porto.<span lang= es-es > </span>
As pezas de Oro Claro no vestíbulo de Álvaro Siza no Porto.

Seis árbores de aceiro inoxidable humanizan a estación

22 jul 2013 . Actualizado a las 06:00 h.

Seis árbores de aceiro inoxidable humanizan a estación que o arquitecto Álvaro Siza deseñara para o metro de Porto. Son seis pezas que o escultor ourensán Xurxo Oro Claro realizou para o seu proxecto Bosque 3050 e que xa se puideron ver no Palacio de Cristal da cidade do norte de Portugal, en Bonaval, no Mosteiro de Oseira e na Pasarela Cibeles.

Oro Claro apunta que a intención de esta instalación no metro portuense é «un xeito de humanizar espazos con moito uso pero cun carácter indefinido ou frío». O escultor apunta que por esa estación de metro pasan diariamente máis de 25.000 persoas e un dos cometidos destas seis pezas é «animar ese tránsito de todos os días e alterar o abstraimento no que pasan».

As pezas de Oro Claro teñen entre tres metros e medio e cinco metros de altura e forman parte dun proxecto que se vai adaptando a distintos espazos, pero todos eles con carácter singular. Tanto en edificios históricos, como Bonaval, como en espazos de carácter aséptico e cunha arquitectura máis funcional.