Historia e parte da viñeta recente

La Voz

CULTURA

01 nov 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Atraxectoria de Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958) é indisociable da evolución do cómic recente. Comezou a finais dos setenta no eido dos fanzines e viviu a eclosión das revistas dos oitenta, década na que aparecerían as súas primeiras obras, como Stratos ou Quotidania delirante. Trazo de xiz (1993) consolida o seu persoal universo narrativo e gráfico, ademais de abrirlle as portas ao mercado internacional. Seguirían libros como Tanxencias ou A mansión dos Pampín. Prado tamén traballou no eido audiovisual, onde creou o Xabarín da TVG e foi xefe de debuxantes da serie Men in Black. No 2007 dirixiu o seu propio filme de animación, De profundis. Dirixe o salón Vñetas dende o Atlántico. Os obradoiros que imparte confírmano como un autor que xa creou escola.