![O coro Encaixe](https://img.lavdg.com/sc/7TNAs8qWhmd9e_B623fwRDiQ7hY=/480x/2020/03/30/00121585559821356338136/Foto/GM30P47F1_111545.jpg)
Encaixe grava a distancia unha versión do «Barbie Girl» de Aqua
30 mar 2020 . Actualizado a las 11:19 h.«O confinamento cantando pasa mellor. Non podemos comer churrasco xuntas, pero cantar podemos ata por videoconferencia». Con este espírito e moito humor o coro Encaixe ofrece en YouTube unha versión do tema Barbie Girl do grupo Aqua, no que cada un dos compoñentes cantou a súa parte dende casa.
O coro Encaixe debutou hai 2016 e propón un repertorio vocal ecléctico e no que non faltan versións de grupos galegos como Marful ou Berrogüetto. A formación gañou o concurso da TVG Oh Happy Day.
«Esperamos que vos guste e que os vosos fogares se enchan de caloriño e forza. Que as nosas músicas retumben forte na vosa casa!» é a mensaxe coa que o coro acompaña a gravación.