Na actualidade, tamén por encarga da Real Academia Galega, está a coordinar a elaboración do Dicionario dos apelidos galegos, que se atopa en fase de revisión; e a posta en marcha da Guía dos nomes galegos, que estará dispoñible na páxina web da Real Academia Galega e coa que público poderá facer pescudas sobre os nomes propios.
Con anterioridade, dirixiu o equipo que elaborou Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización (RAG, 2016) e foi coordinadora de distintas edicións da Xornada de Onomástica Galega, que a Academia celebra anualmente dende 2016.