Laxeiro xa está en París

La Voz

CULTURA

A exposición repasa a obra de madurez de Laxeiro.
A exposición repasa a obra de madurez de Laxeiro. Thomas Padilla

28 ene 2023 . Actualizado a las 00:43 h.

Laxeiro xa está en París. O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, inaugurou este venres na sede do Instituto Cervantes na capital gala a exposición «Foi un home. Laxeiro en América (Buenos Aires, 1950-1970)», coa presenza dos embaixadores de España en Francia, na Unesco e na OCDE. A mostra —comisariada polo historiador da arte Carlos L. Bernárdez— pon en valor unha das figuras máis destacadas da vangarda pictórica galega e evidencia, segundo afirmou Rodríguez, «a gran relevancia internacional e o carácter universal do que goza o creador lalinense e o interese que a súa obra ten fóra do noso país».