Lois Patiño amosa «Samsara» na Seminci para levala aos cines o 15 de decembro

G. N. REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

Fotograma do filme «Samsara».
Fotograma do filme «Samsara».

A terceira longametraxe do cineasta galego continúa a exploración formal da linguaxe cinematográfica indagando na representación do invisible e planteando ao espectador o reto de percibir a película cos ollos pechados para convertila sala nun espazo de meditación colectiva

17 oct 2023 . Actualizado a las 18:25 h.

O cineasta galego Lois Patiño (Vigo, 1983) amosará na sección oficial da 68.ª Seminci (Semana Internacional de Cine de Valladolid) a súa terceira longametraxe, Samsara, para despois estreala o 15 de decembro en salas comerciais españolas. Autor de títulos como El sembrador de estrellas (2022), Sycorax (2022), Lúa vermella (2020), Costa da morte (2013), Montaña en sombra (2012) ou Lembrando os rostros da morte (2009), trae agora en Samsara [ciclo budista de morte e reencarnación] unha nova aposta na súa exploración formal da linguaxe cinematográfica indagando na representación do invisible e planteando ao espectador o reto de percibir a película cos ollos pechados para convertila sala nun espazo de meditación colectiva. A película tivo a súa estrea mundial na sección Encounters da Berlinale, na que se alzou co Premio Especial do Xurado. Segundo detalla o propio Patiño, Samsara profunda nalgunhas constantes que foi traballando na súa traxectoria: «A reflexión sobre a relación entre o ser humano e a paisaxe, un interese antropolóxico centrado especialmente no mítico e espiritual ou a vontade de levar ao espectador a unha experiencia íntima e meditativa».