La UE ofrece aranceles «cero por cero» a Estados Unidos
Fillas de Cassandra e Tanxugueiras únense nunha oda á nenez, «Quen é a que canta?»
CULTURA

Trátase dunha canción que interpretaron por primeira vez no Coliseum ante máis de 8.000 persoas
29 mar 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Fillas de Cassandra e Tanxugueiras lanzaron na madrugada de onte o tema conxunto Quen é a que canta? Trátase dunha canción que interpretaron por primeira vez no fin de xira das segundas do Coliseum ante máis de 8.000 persoas. Simboliza a unión entre dúas das formacións más importantes da última música galega.
A peza é un canto á nenez e ás relacións de amizade, pero tamén ao descubrimento deses «monstros» e desas «fadas». Nela, móstrase á infancia como un lugar tenro e sorpresivo, onde todo é novo e tamén. O tema anima a facer o exercicio de atoparse nos ollos da nena que fomos, e facernos sentir orgullosas do que somos hoxe. Así, neste novo tema, Fillas de Cassandra e Tanxugueiras dilúense como grupos para deixar paso a esas cinco nenas que, na súa individualidade, unen as súas voces e cantan xuntas.
Aida Tarrío e Olaia e Sabela Maneiro de Tanxugieras e María Soa e Sara Faro, de Fillas de Cassandra, volveron a interpretar o tema recentemente no hall do Auditorio Mar de Vigo. Foi na estrea da xira Últimas dionisíacas, o seu novo directo.