Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Os Premios María Casares baten o seu récord histórico de participación, con 48 espectáculos

La Voz REDACCIÓN

CULTURA

Vanesa Sotelo e Tito Asorey adaptaron a obra de Ibsen para a nova produción de Talía Teatro «Unha inimiga do pobo», que gañou sete premios María Casares no 2024
Vanesa Sotelo e Tito Asorey adaptaron a obra de Ibsen para a nova produción de Talía Teatro «Unha inimiga do pobo», que gañou sete premios María Casares no 2024 Ana García

29 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Os Premios de Teatro María Casares rexistran a maior participación da súa historia, con 48 espectáculos inscritos. Isto suma preto de 400 profesionais na súa 29.ª edición, cuxa gala de entrega se celebrará o xoves 3 de abril no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Esta cifra mellora a rexistrada na edición anterior, cando foron 47 os espectáculos e máis de 350 profesionais os concorrentes. Este novo récord nas inscricións acádase no terceiro ano en que os galardóns incrementaron os seus apartados, xa que no 2023 as bases foron modificadas para crear dúas novas categorías: dirección de movemento, e espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas.

Onte abríase a primeira quenda de votacións, da cal sairá a relación de finalistas que optarán aos 16 galardóns nos que se dividen os María Casares: espectáculo, espectáculo infantil, espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas, dirección, dirección de movemento, actriz protagonista, actriz secundaria, actor protagonista, actor secundario, texto orixinal, adaptación- tradución, espazo sonoro, espazo escénico, iluminación, e maquillaxe e vestiario.

Os espectáculos inscritos son os seguintes: A cheminea do apalpador (Jorge Rey Títeres), A Cuba! (Títeres Alakrán), A utópica rodante de Vilatristre a Vilalegre (Teatro O Cubo), A vendedora de fume (A Cova das Letras), A vida, un frenesí (Barafunda), Almar (Coiracho Producións), Apaga o candil (Contraproducións), As formas do amor (Verdeveras Expresións Artísticas), As gardiás ou o nó do tecelán (Teatro de Ningures), Boa sorte, mala fama (Tarabela Creativa), Bulebule (Os Náufragos Teatro), Cancións amarelas, flores tristes (Manekineko), Circo de Pinocho (Educateatro), Cortello de Amor (Amorodio), Desexo (Talía Teatro), Eu, Fraude! (Paula Pier), Gaia Baba, a meiga (Nauta Teatro), Go Home (Etiqueta Negra), Hexagonum (Troula) e Historias para unha man (Spaguetti Títeres)

Tamén figuran na listaxe Iribarne (ButacaZero), María Visitación Consolación Amadora (Loia Producións), Maruxiña (Aurora Artes Escénicas), Moby Dick (Pedras de Cartón), Monstros (Producións Teatrais Excéntricas), Nada se sabe (Culturactiva Producións), Neura, unha comedia neurótico-festiva (De Ste Xeito), Non pasarán (Ártika Cía), Noso (Os Náufragos Teatro), O dragón de ouro (Sarabela Teatro), O mundo está roto, pero pódese camiñar (Contraproducións), O rexurdimento do Divino Sainete (LaGriot’te), Os actos e as profecías (Centro Dramático Galego), Os contos do Lobicán (Redrum Teatro), Pálido punto azul (Javier Otero Neira), Penélope: destecendo o vínculo (Constance Hurlé), Pum! Pum! Quen hai? (Ártika Cía.), Rato Pérez (A Xanela do Maxín), Rogelio III (La fête) (Assircópatas), Romeo e Xulieta. O espectáculo definitivo (Mutismoa Teatro), Run Baby Run (Meninas Teatro), Sobre o extravío ou a arte de perderse (Furia Sotelo), Somos criminais e punto final (Ainé Producións e Condetrespés), Territórios de liberdade (Tanxarina e Companhia Certa), Testosterona (Malasombra), Tolóptica (Código Azul), Un gran plan (Olga Abad) e Vía morta (Culturactiva Producións).