![](https://img.lavdg.com/sc/0U8LQr634-M_lx4i-5Zm8fkSOwk=/480x/2025/02/07/00121738919641347843252/Foto/j_20250207_095728000.jpg)
O novo sinxelo da cantante que representou a España en Eurovisión é un canto á honestidade e «un abrazo entre culturas»
07 feb 2025 . Actualizado a las 10:17 h.Lucía Pérez, unha das artistas máis queridas e recoñecidas da música galega, presenta a súa nova canción Tanto, unha canción que reflexa a súa madurez artística e a súa capacidade para fusionar diferentes influencias culturais. Con máis de 20 anos de carreira, sete discos publicados, a súa representación no festival de Eurovisión e en Viña del Mar e os numeros concertos; Lucía Pérez demostra que segue innovando e sorprendendo aos seus seguidores.
Lucía Pérez dice estar nesa etapa onde as prioridades mudan e regresa ao esencial: «Tanto é un antoxo galego-mexicano, un abrazo entre culturas».
A artista de O Incio explica que «a magnitude do amor chega ás veces, en querer máis a outra persoa que a tí mesmo; pero darse conta, e tomar decisións aínda que doan, é de valentes. Tanto é un canto á honestidade, algo que agora parece estar en perigo de extinción».
Tanto foi composta pola propia Lucía Pérez xunto co artista emerxente G-Face, e producida por Juan Guevara. Esta canción será a antesala do que promete ser un novo e emocionante disco na súa carreira e xa está dispoñible na súa canle de Youtube, así como en todas as plataformas dixitais.
Lucía Pérez é unha artista que desprende alegría e enerxía en todo o que fai. Co seu carácter accesible e cercano, a cantante galega demostra a súa capacidade para adaptarse a todo tipo de eventos e formatos, o que a converte nunha das artistas máis polifacéticas do panorama actual. A súa presenza na televisión tamén é destacada, sendo unha das caras máis visibles na Televisión de Galicia, onde participa habitualmente en programas de diferentes temáticas.
Un dos maiores hitos da súa carreira foi no 2011, cando representou a España no Festival de Eurovisión coa canción Que me quiten lo bailao, o que supuxo un antes e un despois na súa traxectoria profesional.
Lucía Pérez non só é recoñecida en Galicia, senón tamén a nivel nacional e internacional, grazas aos numerosos concertos que realizou ao longo da súa carreira. A súa música alcanzou tamén outras latitudes, como demostra a súa colaboración co artista portugués Zé Amaro na canción Tudo se paga, que se converteu nun gran éxito entre o público portugués.
A súa conexión con Portugal segue medrando, e xa está prevista unha xira de concertos que abrangará tanto Galicia como o país veciño, permitindo á artista galega seguir expandindo a súa influencia e mostrando o seu talento ao mundo.