Do «cantar de peito» de Tanxugueiras á suavidade experimental de Gala i Ovidio

CULTURA

Aida Tarrío abriu un novo universo musical xunto a Raül Refree. A próxima semana debutan en vivo na Coruña
19 ago 2025 . Actualizado a las 14:57 h.Gala i Ovidio non nace como un encontro fugaz entre Aida Tarrío de Tanxugueiras e Raül Refree, músico e produtor que traballou con figuras como Rosalía, Silvia Pérez Cruz e Kiko Veneno, entre outras. «Para nós poñerlle nome ao proxecto mellor que chamalo Raül e Aida, é dicir que isto vai para tempo», anuncia a vocalista. «Esto no es una colaboración puntual, es un grupo», recalca Raül. Ao comezo da entrevista, el, catalán, pide non mudar o idioma. «Entiendo perfectamente el gallego», di. Igual que ocorre nos textos do disco, esta lingua e o castelán altérnanse na charla, que ten lugar no Teatro Colón da Coruña.
Alí ensaian o debut en vivo do dúo (xoves 28 de agosto, 21.00 horas, 21,60 euros), un dos pequenos grandes acontecementos da música nacional deste ano. O empurrón do coordinador artístico da Romaría de Santa Margarida, Antonio Prado, foi definitivo. «Estábamos muy felices con nuestro refugio del estudio. Queríamos hacerlo en directo alguna vez, pero no teníamos prisa. Esta propuesta lo ha activado», sinala Raül, que recalca que camiñan por parámetros á marxe da industria musical: «Esto empezó por el placer de tocar juntos. Precisamente por eso, no quisimos que el proyecto se rigiera por unas reglas comerciales. Es como un capricho que hacemos extensivo a la gente». Aida referenda o discurso: «Facemos música para nós. Se chega á xente, perfecto. Hai unhas semanas quedamos para empezar a perfilar o repertorio e pensaba para min: “E que son moi bonitas esas cancións”. Iso xa vale a pena».
A produción concrétase en dous EP cuxos títulos, Un final e Que parezca un principio, apelan á continuidade. Neles, o dúo parte dunha tradición que podería ligalos a Tanxugueiras para logo transitar todo tipo de paraxes sonoras. «Eu veño da música tradicional. Non queriamos escapar de aí, pero si probar novas cousas», comenta Aida. Nos dez temas publicados hai melodías pop, trazos de música industrial, chispas de metal, aromas de copla española e ecos de xota. Non hai límites fixados? «Eu creo que este é un proxecto de fluír, aínda que chega un momento no que hai que sentar e ver do que imos falar», di ela. Raül complementa a visión: «Hemos escuchado mucha música. Antes que músico, soy melómano. Me gusta escuchar música y lo hago constantemente. La misma sensación que tenía cuando a los 15 años iba a un concierto y decía: “Yo quiero hacer eso” me sigue pasando ahora. No puedo entender la música como un estilo concreto. Puede que sea una deformación personal. Al final, las líneas están totalmente diluidas. El entender la música sin fronteras provoca esa sensación de libertad total».

Eliminando as divisións, aparece unha Aida que, en moitos dos temas, canta dun modo sorprendentemente suave e calmo. «Xa non é o cantar de peito», ri, consciente do cambio. Algunha vez chegara a un territorio tan pop? «Non, nunca xamais —confirma—. De feito, a colocación vocal e a forma de cantar a maior parte dos temas é moi diferente ao que eu estou acostumada, pero a min encántame poder saír de algo que teño tan mamado como o tradicional». De todos os xeitos, Raül pensa que, por moito que se distancia das orixes, a esencia sempre está aí: «Aunque cante una canción pop, su timbre y su manera de cantar tiene tanta tradición que podemos ir a cualquier lado y seguir sonando tradicionales».
Nese novo xeito de interpretar hai moita contención. «Raül dicíame ás veces: “No vayas de cantante”. Que fixese as cousas máis simples. Funcionaban», lembra Aida. E así, lentamente, foise modelando, a distancia, esta delicia sonora que o crítico musical Arturo Paniagua di que soa a unha «revolución tranquila». Raül descoñecíao: «¡Me encanta eso, no lo sabía! Esa revolución tranquila es debida a que tenemos muchas ganas de experimentar, pero no tenemos ninguna prisa. Es importante, pero es difícil de encontrar. Siempre hay cierta urgencia, pero nosotros no la tenemos. Tenemos ganas de tocar juntos, pero no tenemos prisas. El hacer las cosas porque nos apetece tiene algo de revolucionario».
Pois, agora, nese impulso ao ralentí chega o momento de pasar ao vivo eses temas. Farano sós. «En el disco hay muchas cosas y le planteé a Aida si buscábamos algún músico más. Ella dijo: “No, los dos. Tenemos que ser los dos”. Y eso es porque lo que sentimos tocando a dúo sentíamos que se podía romper si metíamos otro elemento».