
O novo proxecto de Cibrán García, metade de Boyanka Kostova acaba de lanzar «Durmir é para covardes», adiando do seu primeiro álbum verá a luz antes do Nadal
17 oct 2025 . Actualizado a las 18:39 h.O rapeiro compostelán Cibrán García, coñecido por ser metade de Boyanka Kostova, presenta o seu novo proxecto musical Saibran. O seu primeiro sinxelo, Durmir é para covardes, xa está dispoñible nas principais plataformas dixitais.
Este tema funciona como carta de presentación dunha proposta que combina rap, electrónica e enerxía punk, cun discurso que aposta pola liberdade creativa e a ruptura de etiquetas. Neste novo camiño, García acompáñase do baixista Julián Goicoa e do batería Fiz García, conformando un trío que transita entre o analóxico e o electrónico con naturalidade.
Durmir é para covardes actúa tamén como declaración de intencións: unha peza que xoga co humor e a introspección, inspirada nos delirios do insomnio e nas horas de desvelo que alimentan o proceso creativo.
O proxecto culminará antes do Nadal co lanzamento do álbum debut de Saibran, no que participarán artistas como Juait, crnds e Møu. A estrea en directo está prevista para decembro, cun espectáculo que combinará instrumentación en vivo e son electrónico, prometendo unha posta en escena dinámica e sorprendente.