Antiincendios, parafusería ou bochinche: a Real Academia Galega suma un centenar de novas palabras ao seu dicionario

La Voz REDACCIÓN / AGENCIAS

CULTURA

Os termos do mundo da ciencia e da investigación conforman outro grupo con presenza nesta actualización

14 nov 2025 . Actualizado a las 12:19 h.

A Real Academia Galega (RAG) incorpora a o seu dicionario un centenar de novas palabras. Entre esas novas entradas, figuran aquelas que completan familias de vocablos como «antiincendios, bucinada, descifraxe/desciframento, estudantado, polifacetismo, parafusería, postergación, posvenda, ludoteca e enoteca e viñoteca», entre outras.

Os termos do mundo da ciencia e da investigación conforman outro grupo con presenza nesta actualización, á que se engaden outras, como «audioloxía, bolboretario / xardín de bolboretas, grampositivo, -a e gramnegativo, -a, ademais de galeguística».

Tamén outros tradicionais como bochinche, eis, naipelo, pataqueiro, -a, poma ou rianxo. Expresións como a descomán, sinónima de a desmán, e a sabendas de incorpóranse tamén canda outras palabras de máis recente creación ou popularización como autofoto, conurbación, dina, feísmo ou surfear, así como o xentilicio gazano, -a.

A institución académica remarca que o seu Seminario de Lexicografía traballa continuamente na revisión e actualización do dicionario en liña da institución, que se pode consultar de forma gratuíta en academia.gal/dicionario.

O equipo que coordina o académico Manuel González presta tamén atención ao labor que consiste en completar familias de palabras como as incluídas nesta última actualización, ademais de incorporar outros termos «que designan distintas realidades».