Figo, de branco

La Voz

DEPORTES

Jose Huesca

Florentino Pérez cumple a súa promesa e presenta ao xogador portugués Florentino Pérez cumplíu a súa promesa electoral de que, se era elexido presidente, Luis Figo sería xogador do Real Madrid. O luso se comprometeu co clube branco para as próximas seis tempadas e ven de se converter na fichaxe máis cara da historia do fútbol.

25 jul 2000 . Actualizado a las 07:00 h.

E é que o Real Madrid pagou ao Barcelona os 10.000 millones de pesetas que estipulados na cláusula de rescisión do portugués, ademáís dotros 270 coma incremento do IPC e máis o IVE. Engadindo a estas cifras os 800 millóns netos por tempada que Figo cobrará do seu novo clube, o montante total da la operación se estima nuns 21.000 millóns de pesetas. Tras seres presentado oficialmente coma novo xogador do Real Madrid, Luis Figo afirmóu que ?foi unha decisión difícil, e sei o que me espera en Barcelona, pero teño que pensar únicamente en min. Sinto pena pola afición do Barcelona, polos amigos e por todo o que teño deixado alí, pero non pola xente que manda no Barcelona, porque deixei as cousas claras coa directiva?. O portugués, que cumplirá 28 anos o próximo mes de novembro, ten asumido que ?as cousas non serán fáciles no Barcelona, pola rivalidade que existe entre os dous equipos?, pero quixo destacar que ?a directiva do Barcelona mo puxo fácil para marchar? e que a decisión _?difícil e importante?_ de cambiar de clube, ?a tiña tomada dende hai tempo?. ?Cambio un grande clube polo Real Madrid, onde espero ser tan feliz coma o teño sido durante os años que pasei no Barcelona. Espero dignificar ao máximo o nome do Real Madrid e o meu propio prestixio, e o que podo prometer é traballo e intentar ganar o máximo que o clube se esté a xogar?, engadíu o xogador luso. Rodeado por Florentino Pérez e Alfredo Di Stéfano, Figo posóu coa camiseta madridista na Sala de Trofeos do Santiago Bernabéu, abarrotada de medios de comunicación. Tras ser acosado por máis de douscentos periodistas ata o céspede do estadio, o portugués viuse obrigado a ofrecer unha improvisada roda de prensa, na que pedíu perdón ao diario Sport, ao que aseguróu en repetidas ocasións que non ficharía polo Real Madrid. Figo, que terá unha cláusula de rescisión de 30.000 millóns de pesetas, non se considera un ?mercenario?, senón ?un profesional?, e pedíu públicamente á afición do Barcelona que se mostre comprensiva coa súa decisión, mentres Florentino Pérez, pedíu ao portugués que ?esa profesionalidade que sempre tivo a siga demostrando no Real Madrid?.