O Liceo Casino, primeiro líder da División de Honra cun 1-5 en A Coruña

Vilagarcía / La Voz

DEPORTES

O Establecimientos Otero superou 2-4 o Monteporreiro

08 oct 2013 . Actualizado a las 06:58 h.

Excelente debú o protagonizado na mañá do pasado domingo polos dous equipos arousáns na División de Honra, a categoría de prata do tenis de mesa español. Sendas vitorias a docimilio coroaron a gran estrea do Liceo Casino de Vilagarcía e do Establecimientos Otero de Cambados. O primeiro, líder co seu 1-5 sobre o Club de Mar.

En cancha coruñesa, o equipo liceísta comezou cun punto claro de Sergei Nigeruk ao vencer 0-3 a Adrián Arias. Quiang Zhao igualou a contenda ante Eduardo Iván Barreiro con idéntico resultado, pero aí quedou a cousa. Andrés Guillermo Correa superou 1-3 a César Pérez e co mesmo tanteador Barreiro se desfixo de Arias. Nigerkuk e Correa, con sendos 0-3, completaron a faena a costa de César Pérez e de Quiang Zhao.

Algo máis axustado foi o triunfo colleitado polo Establecimientos Otero na pista do Enmacosa Monteporreiro de Pontevedra. Jorge Gambra abríu o choque con punto para o cadro cambadés cun 1-3 sobre Santiago Prieto. As derrotas de Fernando Padín, 3-2 a mans de Ignacio Fernández, e de Kazeem Ahmed, 3-1 con Daniel Conic, xeraron dúbidas na expedición arousá. Pero Fernando Padín compensou o seu pinchazo inicial cun 0-3 a Santiago Prieto, sucedido polo 2-3 de Gambra a Conic e o 0-3 de Ahmed a Fernández. O Establecimientos Otero aparece quinto na clasificación provisional, xa que os outros tres duelos disputados ademais do do Liceo Casino remataron con vitorias locais por 5-1.

Primeira e Segunda Nacional

O Grupo Barros recreouse a costa do Diario de Pontevedra, ao que lle endosou un inapelable 6-0 na xornada de apertura da Primeira División Nacional. Un resultado que, loxicamente, encumbrou o segundo equipo do Cambados TM ata o liderado.

Sorte oposta tivo o Liceo Casino B no inicio da Segunda División Nacional. Iso si, o segundo plantel vilagarcián ofreceu unha grande imaxe na cancha do Arteal, ao que lle vendeu cara a súa pel: 4-3.