O meta de Coristanco está sendo o mellor porteiro nacional en Primeira
17 oct 2014 . Actualizado a las 05:00 h.rubén martinez porteiro do almería
Rubén Iván Martínez Andrade (Coristanco, 1984) atópase nun dos mellores momentos da súa xa extensa carreira. Esta temporada chegou a Almería despois de dous bos anos no Rayo Vallecano. En só sete xornadas xa se gañou o recoñecemento da afección andaluza con grandes actuacións, coma a que tivo en Riazor fronte ao Deportivo, no que foi clave para a victoria do seu equipo.
Este gran momento serviulle para ser o mellor porteiro nacional neste comezo de liga. Con 21 paradas e 7 goles encaixados, só o superan o chileno do Barcelona Claudio Bravo e o brasileiro do Valencia, Diego Alves. Onte falou en Radio Voz Bergantiños.
-¿Cómo están sendo estes primeiros meses en Almería?
-Empezamos moi ben, pero isto non é como empeza, senón como acaba. Estamos collendo confianza en nós mesmos, pero hai que ser cautos. Non podemos levantar o pé do acelerador. Somos un equipo humilde e se non estamos ao cento por cento imos sufrir moito. Esta é a liña na que temos que continuar.
-¿E como se sente cando ve que é o mellor porteiro nacional da Primeira División?
-Estar aí sempre gusta, pero non é só mérito meu. É un traballo de todo equipo. Non podemos perder a perspectiva. En Primeira, se sacas un pouco o peito de máis podes levar moitos disgustos.
-E aínda ten máis mérito conseguilo nun equipo con clara vocación ofensiva.
-Temos que ter claro que estamos na sétima xornada. A estas alturas non nos van a dar ningún premio por ter estas estatísticas.
-En Almería veu a ocupar o sitio de Esteban, unha figura moi importante no club.
-Desde que cheguei a Almería todo o mundo comentaba que ía ser moi difícil olvidar a Esteban. Foi unha persoa moi importante aquí. Rendeu a un gran nivel no deportivo e era un dos pilares do vestiario. Pero o meu obxectivo non era facer olvidar a Esteban. Viñen a facer o meu traballo o mellor posible.
-Con 30 anos, está na teórica madurez da carreira dun porteiro, ¿como se atopa físicamente?
-Físicamente non me atopo distinto a outros anos. Si é certo que din que o mellor momento dun porteiro se lle atopa aos 30 anos, pero creo e espero que o meu mellor momento aínda estea por chegar.
-Remata contrato a final de temporada. ¿Xa hai algo falado?
-Cando firmei, falamos que o máis idóneo era un contrato por un ano. A partir de aí quedamos en que xa se vería. Imos disfrutar o máximo que se poida e o futuro xa se verá. Cero plans.
-¿Que tal foi o recibimento nun novo vestiario?
-Encontreime con xente que xa leva moitos anos no clube coma Soriano, Corona, Verza, Trujillo... que me acolleron cos brazos abertos e moi pendentes de todo. E o trato do corpo técnico tamén foi exquisito desde o primeiro momento.
«Estamos na sétima xornada; non nos van a dar ningún premio polas estatísticas que ten o Almería»
«Non hai nada falado sobre a renovación. Acordamos asinar un ano e agora hai que disfrutar. Cero plans»
Rubén Iván Martínez Andrade
Coristanco, 22 de junio de 1984
Portero
Bergantiños, Orillamar, FC Barcelona (2002-2007, Racing de Ferrol (2007-2008), Cartagena (2008-2010), Málaga (2010-2012), Rayo Vallecano (2012-2014), Almería (2014-)