Os rapaces de Eva Seda venceron ó Agolada por un contundente 0-8 O Portadeza A xogará polos postos primeiro a oitavo tras remata-la liga terceiro de grupo
05 mar 2003 . Actualizado a las 06:00 h.O Agolada e o Portadeza B enfrontáronse o pasado sábado na derradeira xornada da Liga Infantil. Tal e como estaba previsto, o equipo lalinense non tivo demasiados problemas para imporse con claridade e levarse ó seu casillero o derbi comarcal dezano. O resultado, 0-8, fala por si só. Nembargante, hai que apunta-la resistencia ofrecida polos rapaces de Gúmer Portas. Non en van, venderon cara a súa pel no segundo cuarto, no que caeron por un estreito 5-6 gracias sobre todo a unha gran defensa e ás boas intervencións do seu gardamallas, Manu.Polo equipo local xogaron, ademais do porteiro, Tomás, Carlos, Sergio, Rubén, Javi, José, Rubén II e Adán, mentres que polo equipo de Eva Seda tomaron parte no encontro Marco, Iván, Manuel, Cacheda, Roberto, Óscar, Lorenzo, Christian, Carles e Jesús.Pola súa parte, o Portadeza A infantil caeu derrotado por 3-5 (5-6, 11-9, 6-7 e 6-6) na casa contra o Cisne B, campión de grupo. A extrema igualdade foi a protagonista do choque, no que xogaron polos dezanos Rivas (3 goles), Christian (5), Yago (1), Bruno (10), Carlos (2), Adrián (4), Hugo (2), Bibián (1), Rubén, Cacheda e Julián.Unha vez completada a clasificación final dos dous grupos da liga infantil, o Portadeza A, terceiro do 2º, enfrontarase nos cuartos de final polo primeiro ó oitavo posto co Academia Octavio, o Lalín B medirase co Porriño polos postos noveno a 16º e o Agolada co Atlético Novás por idéntico premio ó do seu último verdugo. Os tres disputarán a ida esta fin de semana.Quen tamén xogará este sábado será o equipo alevín do Portadeza, que se medirá co Porriño na ida polas prazas oitava a decimocuarta da liga da súa categoría.