Rafael Baltar e Carboeiro

| PABLO VIZ |

DEZA

RASTRO DE AIRE

17 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

MOITA XENTE ten oficios pero non todos trascenden máis lonxe do quefacer diario. Rafael Baltar Tojo foi despedido onte en Santiago. Era arquitecto reconocido pero como os grandes homes trascendeu á Cultura con maiuscula, porque creou moito máis que edificios, porque alimentou outros eidos de saber, porque lle gustaba camiñar pola vida asociando as cousas o seu momento e como declarou un día a catedral quiza debería evolucionar arquitectónicamente como os tempos, medrar coa vila, ainda que poida parecer unha barbaridade, apostillaba. Quero no seu pasamento lembrar unha referencia con Deza, ainda que ten seguramente moitas. Baltar, Bartolomé e Almuiña diseñaron, como equipo profesional, o plan piloto para restaurar e rehabilitar Carboeiro, que é a nosa catedral. Baltar xa non está pero o documento sigue e algúns non o perdemos de vista mentras siguen as actuacións.