A PENÚLTIMA A formación, con Ugia Pedreira a fronte, presenta un traballo inspirado nos ritmos que soaban nos anos 30 e 50
10 may 2006 . Actualizado a las 07:00 h.? grupo Marful presenta o seu primeiro traballo discográfico. Esta formación, que ten a directora do Conservatorio Folque de Lalín, Ugia Pedreira, a fronte, inspira o seu disco nos ritmos que soaban nas vilas galegas, entre os anos 30 e 50, nos salóns de baile e nos cafés cantantes. A formación propón unha música elegante para unhas letras persoais e irónicas. O disco editado por Producciones Efímeras distribuirase en España e Alemaña. Nos vindeiros días poderase adquirir nas tendas Tipo e en El Corte Inglés. A nivel da comarca dezana, tamén estarán a venda no Barriga Verde e no Conservatorio de Música Tradicicional e Folque de Lalín. O primeiro traballo de Marful inclúe twist, tangos, habaneras e pasodobles. As letras das cancións foron feitas pola propia Ugia Pedreira e por escritores como Anxo Quintela, Ricardo Carvalho Calero, Olga Nogueira, Manolo Pipas ou o francés Jacques Prévert. Marful está integrado ademais de por Ugia Pedreira, por Pedro Pascual (acordeón diatónico); Pablo Alonso (clarinete baixo); e Marcos Tiera (guitarra). Con eles colaboran Luis Alberto Rodríguez (batería) e Xacobe Martínez (contrabaixo). O primeiro traballo discográfico ten un coidado deseño e inclúe fotografías de dous salóns de biale que se conservan na Mariña lucense. A portada é unha parella de sifóns, bailando e bicándose. Clube de fans Por outra banda, Marful destaca que é un dos poucos grupos con clube de fans organizado donde se poden atopar fotos, videos dalgunha actuación, traducción das tetras ao alemán e información sobre o grupo.