Este ano, máis de mil novos universitarios optarán por estudar Relacións Laborais en Santiago, unha cifra superior á de moitas facultades con solera, o que non impide que teña que compartir a súa sede con Ciencias Políticas. Este é un síntoma da situación da escola, un centro con gran demanda, pero con pouco peso político na USC e lastrado polo seu pasado, xa que foi fundada en dependencia do Ministerio de Educación, e non da propia universidade. Pese a todo, é a Escola de Relacións Laborais con máis alumnos de Galicia e un dos máis concorridos de España, cunha ampla demanda sobre todo na comarca compostelán, de onde procede a meirande parte do alumnado. O que sorprende, según destaca o propio decano, é a ausencia de alumnos rebotados doutras titulacións; aínda que a limitación de prazas foi retirada o curso pasado («non ten sentido manter unha nota mínima de acceso se non sirve para facer unha verdadeira selección», explica o director), a maioría dos alumnos matricúlanse atraídos polas expectativas laborais.