Os afeccionados do C.D. Lalín quedaránse coas ganas de coñecer o verdadeiro potencial do dianteiro hispanoarxentino Sebastián Campillo. Sebas, despedido pola directiva de Amandio De Bessa sen poder demostrar gran cousa nos escasísimos minutos de xogo que lle concedeu Acevedo, tampouco xogará no Arousa. Aconsellado e axudado por amigos do seu equipo de orixe, o arxentino Rosario Central, o ex dianteiro roxinegro decidíu ambadoar a súa proba co equipo vilagarcián para probar sorte nunha categoría inferior do fútbol italiano. O propio Sebas descoñecía onte de cal se trataba exactamente. Central luso e xuvenís Polo que respecta á estricata actualidade do C.D. Lalín, o presidente roxinegro descartou onte que o club fiche antes de decembro o central portugués que hai quince días lle foi ofrecido polo representante de Sebas, Tata, Albor e Julián. De Bessa explicou que nin el nin Acevedo foron finalmente o domingo a ver en acción o xogador, que milita no Esposende da Segunda B lusa. A intención é facelo nas vindeiras semanas e despois tomar unha decisión. Por outra banda, o conxunto xuvenil do C.D. Lalín enfróntase hoxe ás 18.00 horas no Cortizo ao Lérez, en partido correspondente á décima xornada da Liga Nacional. Os de Román están obrigados a derrotar a un rival directo pola permanencia.