C.D. Lalín e un combinado do Deza xogan por unha boa causa

DEZA

MARCOS MÍGUEZ

É o primeiro encontro da campaña Nengún neno sen xoguete de reis O partido solidario, cunha fila cero, desputase hoxe ás 20.30 horas no campo do Cortizo

20 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

O Club Deportivo Lalín e unha selección de xogadores do Deza desputarán esta tarde o primeiro encontro deportivo da campaña Nengún neno sen xoguete de reis , organizado pola Fundación deporte en Lalín en colaboración co Concello. O encontro comezará ás 20.30 horas no Manuel Anxo Cortizo e terá a entrada gratuíta, se ben haberá unha fila cero para que os participantes e o público aporten o donativo que desexen. En principio, Gelucho conta con levar a todos os xogadores dispoñibles e a varios xuvenís de Román, aos que prevé dar minutos. O combinado do Deza, con Lino Veloso á cabeza, intégrano 22 xogadores. Do Silleda sairán ao campo Marcos, Pablo, Álex, Gustavo e Manolo. Do Rodeiro estarán Javicho, Estrella e García. Miche e Chino xogarán en representación do Laro, e Miguel e Diego farano polo Donramiro. Marcos e Matías, do Cruces, tamén sairán ao céspede do Cortizo, ao igual que Sánchez e Pepe, do Vilatuxe, e Pedro, do Balouta. Tamén xogarán Dani, do Gresande, Alpidio, do Dozón, e Iván, do Bandeira. Todos os xogadores que saltarán ao campo farano de xeito altruista para colaborar coa iniciativa desenvolvida dende a Fundación Deporte en Lalín, que quere recuperar e impulsar deste xeito unha iniciativa solidaria vida a menos nos últimos anos. Máis encontros Ademáis do partido de fútbol entre o C.D. Lalín e o combinado de xogadores do Deza, a campaña solidaria Nengún neno sen xoguete de reis inclúe outros tres encontros. Como estaba previsto, o sábado o pavillón municipal de Lalín acollerá o partido de fútbol sala entre o Recreo Lalín e o Reale Seguros a partir das 23 horas. Onte a Fundación anunciou un novo amigable, desta volta de baloncesto, que reunirá sobre a cancha ao BasketDeza contra un conxunto de veteranos do Breogán. O partido desputarase o día 29 ás 20.30 horas. O último encontro que se desputará para recadar fondos para os máis pequenos remata o víspera da cabalgata de reis, o 4 de xaneiro, co partido de balonmán que desputarán o Portadeza Lalín e o Teucro de División de Honra B. Será no pavillón municipal de Lalín a partir das 21 horas. A Fundación Deporte en Lalín confía en recadar unha suma superior á do ano pasado.