Responsables do C.D. Lalín e Tata mantiveron esta semana unha xuntanza para aclarar a posible marcha do xogador do conxunto dezano. Na reunión acordaron, a petición do xogador, dar de tempo ata mañá para que o arxentino decida sobre se quere continuar ou non no C.D. Lalín. Como xa deixara ben claro a directiva que preside Amandio De Bessa, en caso de que finalmente Tata queira deixar o plantel de Gelucho, debería abonar ao club unha cantidade igual ao salario que cobrou nos meses que leva no Lalín. Nas filas do C.D. Lalín confíase en que o xogador continúe no club, unha opción que resulta a máis probable. Lalín-Selección Deza O amigable que o C.D. Lalín desputou co combinado do Deza rematou o xoves á noite cun 8-6 no marcador. Os fondos reunidos destinaranse a unha campaña benéfica.