Gracias Toño

La Voz

DEZA

TRIBUNA ABERTA | O |

02 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

É DE BEN nacidos ser gradecidos. Por iso, os abaixo firmantes, queremos manifestar o noso recoñecemento público á labor cultural e social que Antonio González Abal levou a cabo en Silleda nos últimos 20 anos. Gracias: Porque sempre estiveches dispoñibe e colaborador cada vez que calquera asociación solicitou o teu apoio. Porque público e notorio foi o éxito acadado por todas as actividades que tí organizaches. Porque puxeches Silleda no punto de mira de toda Galicia coas 18 edicións da Romaría do Rapaz, cualificada polos medios de comunicación como «a mellor actividade lúdico cultural para nenos deste país». Por tantas e tantas carrozas de cabalgatas que decoraches, por tantos e tantos antroidos, incluso hai anos, cando non había apoios nin respaldo institucional para estas cousas. Por aquel impresionante Turisport cos nenos do ano 1992 que obtivo o recoñecemento dos organismos europeos. Por conseguir que moitos nenos poideran ir a Eurodisney e a Port Aventura. Por situar en cinco anos a Semana do Humor como un festival de referencia para toda España -porque ben sabemos todos que fuches tí-. Incluso por esa «mala leche» que tiñas no traballo cando vías que as cousas non estaban saíndo como debían. Gracias, en definitiva, porque o teu único compromiso persoal foi sempre coa Cultura e con Silleda, por riba de posicións partidistas e ideolóxicas. Con xente así é como medra un pobo.