Solta de libros na Estrada

La Voz

DEZA

M. MÍGUEZ

A rúa do vento

15 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

A Estrada estreará mañá unha novedosa iniciativa cultural para fomentar a lectura: a solta de libros. Un colectivo anónimo encheu esta semana escaparates e taboleiros da vila con carteis que anuncian unha «solta de libros» para mañá. A vila amencerá chea de libros abandonados en lugares públicos. O obxectivo é que quenes os atopen fagan uso deles e despois os volvan deixar na rúa para que outra persoa poida lelos. «O 17 de maio, se atopas un libro, cólleo, léeo e sóltao», animan os promotores da idea. Conferencia de Xoán Xosé Fernández Abella A Estrada abreu onte as celebracións das Letras Galegas cunha conferencia sobre a vida e obra de María Mariño, a autora á que se dedicará este 17 de maio, a cargo de Xoán Xosé Fernández Abella . O instituto estradense celebra hoxe o día das Letras Galegas. Ás 8.45 horas lerase un manifesto a prol da língua, ás 10.45 presentarase un documental sobre María Mariño feito polos alumnos de 3º e haberá un recital de poemas. A continuación haberá unha charla-encontro sobre a autora co presidente da Fundación Castelao, Avelino Pousa Antelo, e co poeta Xoan Xosé Fernández Abella. Para rematar, cantigas de cegos, monólogos, teatro e un concerto. No instituto silledense ó mediodía haberá a activida «comelingua», que inclúe contacontos, tirolina e contacontos. Tamén hai unha mostra de obxectos antigos e unha mostra multimedia de S illeda para o mundo. Fervenza presenta seis novos cadernos de teatro A editorial Fervenza presentará este venres seis novos libros editados dentro da súa colección de teatro A Pinguela. Son: Camiño de volta , de Paco Lareo ; A primavera continuará , de Manuel Fragoso ; Cando os libros toman té , de Teresa González Costa ; Felisa , de Xoán Xesús González ; Falsas confidencias de Marivaux, traducido por Carlos Loureiro e Grazas Padre Ramón de Varela Buxán , traducido por Xosé Luna . Será ás 20.00 horas na galería Sargadelos da Estrada. Obras de arte para coñocer a historia no IES Ramón María Aller de Lalín Coñocer a historia e achegar os alumnos as antiguas civilizacións aprendendo a valoralas e respetalas eran os obxetivos dos traballos realizados polos alumnos de primeiro da ESO do instituto lalinense dentro da asignatura que imparte Elia Rodríguez . Momias, emperadores exipcios e pirámides son algunhas das obras que podemos atopar feitas con sumo esmero polos rapaces, en algúns casos coa inestimable axuda de pais e avós. Festival das Letras no Xesús Golmar e concurso en Oca As actuacións no colexio lalinense serán as 15.30 horas e serán a cargo dos alumnos de segundo e terceiro ciclo. Haberá recital de poemas e representacións teatrais. En Oca, os rapaces participarán nun concurso de preguntas e respostas sobre María Mariño as 15.30. As actividades complétanse con talleres de reciclaxe, a elaboración dun mural, poemas e cancións. O centro convocou un concurso de pintura creativa. Na primeira edición participaron os colexios de Agolada, Merza, Piloño, o Pío Cabanillas, o Xesús Golmar e o colexio de Figueiroa. Hai 200 debuxos expostos no centro comercial. Letras en Silleda con Pousa Antelo Adellís e a Mesa pola Normalización organizan mañá un acto con motivo das Letras Galegas ás 12.30 horas na rúa María Colmeiro. Leranse poemas de María Mariño e inaugurase un mural. Estará o presidente, Avelino Pousa Antelo .