Balonmán, rugbi e fútbol serán as modalidades que se desputen
24 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.?nte presentouse en Lalín a segunda edición da Lalín Cup, un torneo que acollerá dende o 9 de xuño ao 26 de agosto torneos de balonmán, rugbi e fútbol nos que competirán un total de 70 equipos, e arredor de 1.000 deportistas. O primeiro dos eventos que se desputará dentro da Lalín Cup será o campionato de balonmán base en categorías benxamín e alevín. Será o 9 de xuño, e contará coa participación de Portadeza Lalín, Teucro, Balonmán Lalín, Octavio e Calvo Xiria. O segundo dos torneos da Lalín Cup será o campionato de fútbol 7 benxamín e alevín que se desputará o 16 de xuño. Os encontros xogaranse no Manuel Anxo Cortizo coa participación da E.F. Lalín, C.D. Ourense, C.D. Lugo, Santa Mariña e Pontevedra C.F.. O segundo torneo internacional de balonmán que se inscribe dentro da Lalín Cup celebrarase do 22 ao 24 de xuño, nas categorías infantil e cadete. Os equipos que confirmaron a súa presencia na capital do Deza son o F.C. Barcelona, Teucro, Valladolid, Ademar, Portadeza Lalín e Octavio. Ademáis, na categoría cadete tamén competirán o Fátima portugués e o Revillagigedo. Ao igual que o ano pasado, está programada para finais de xuño unha concentración da selección nacional de rugbi feminina sub-18. Esta concentración será a antesala do segundo Seven internacional de rugbi que se desputará o 30 de xuño. Participarán, en categoría masculina o Samboyana, Ibaser Lalín, Selección galega, Madrid 2016, Viator, e Wooden Spoon, unha selección de xogadores internacionais de Inglaterra, Sudáfrica, Gales e Escocia creada con fins benéficos. Na categoría feminina participarán o Samboyana, León, Arcos de Valdevez, Universidade de A Coruña e C.R. Vigo, ademáis da Asociación española de rugbi femenino. O útlimo dos compromisos da Lalín Cup será o segundo torneo internacional de fútbol base. Desputarase o 25 e o 26 de agosto nas categorías infantil e cadete. Xa confirmaron a súa participación a E.F. Lalín, R.C. Celta e Pontevedra en infantil; mentras que en cadete estarán a E.F. Lalín, Dínamo de Kiev e Conxo. A inscrición aínda está aberta.