Brey, do Motoclub Strada, logra o título galego de Supercross

La Voz

DEZA

12 sep 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

Miguel Brey, do Motoclub Strada, proclamouse vencedor da Copa Promoción do premio de Catoira, última do Campionato Galego de Supercross, e que lle serviu para proclamarse campión galego de Supercross de categoría promoción. Brey concluíu o campionato cun total de 232 puntos, superando en máis de 50 ao segundo clasificado.

Pola súa banda, Ramiro Blanco, tamén do Motoclub Strada, rematou en Catoira no cuarto posto da táboa da copa Promoción, sumando uns puntos que o deixan no terceiro posto da clasificación xeral final do Campionato Galego en Promoción.

Pola súa banda, Adrián Pérez, que compite no Motoclub Deza, rematou na proba de Catoira no posto 11, quedando dese xeito no posto 23 da copa Promoción na clasificación final do Campionato Galego de Supercross.