«Jesús Gil levaba sempre chourizo e xamón e tamén queixo de tetilla»

DEZA

19 oct 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

Miguel Medela mostra estes días os seus productos da empresa lalinense Embutidos Deza en Turisport.

-¿Qué é o que máis se demanda?

-O chourizo casiero, o chourizo caseiro de Lalín estilo Cantimpalo, o xamón, o queixo... e despois un salchichón caseiro.

-¿Teñen clientes de fóra da comarca que veñan buscar especificamente estos productos?

-Vendemos moito na zona das Rías Baixas, a nivel de Galicia, pero agora ímonos dez días a Marbella. Pero o movemento dunha feira a outra é moi diferente. Nalgunhas véndese máis en tapas e telo que poñer así.

-Entón, ¿saen moito de Galicia?

-Ademais de Marbella imos a Valladolid, Barcelona, Teruel, Xixón, Salamanca, Burgos, Valencia...

-¿Hai moita diferencia no que demandan os clientes?

-En Barcelona, hai varios restaurantes que venden productos de Galicia e tamén na parte sur de España, véndese moito. A Marbella imos co lacón de denominación de orixe.

-En Marbella, ¿vendéronlle a algún famoso productos de Lalín?

-Si, Jesús Gil sempre viña por alí, ademais de inaugurar cando era alcalde.

-E ¿qué era o que máis lle gustaba a Jesús Gil?

-Gil levaba sempre chourizo e xamón e tamén queixo de tetilla, o San Simón. Era moi bo, para tratar con él moi ben. Na televisión víase así moi arrogante, pero o tratar con él era bastante llano.