Heroes do tempo

La Voz

DEZA

27 mar 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

A resistencia de algúns grupos de rock duro debe ter que ver con que na mocidade se equivocaron moito. Aquela cousa de que o rock era para xente nova quedou arrombada en canto a música se converteu en profesión. A resisten ten que ver con isto e con que as parroquias do heavy son moi leais.

Barón Rojo tivo un cartelón hai dúas décadas. Quizais non tan selecto nin tan natural como Los Suaves pero bastante máis amplo. Algúns retrousos simpáticos e unha contundencia sobre a que as letras se escoitaban con claridade.

Que aguanten coas mesmas intencións e coa mesma enerxía só deber querer dicir que os gurús do rock estaban equivocados e que unha vida sá tamén axuda a seguir no rock and roll.

Como todo está relacionado antes de Barón Rojo e o seu voo de longa distancia, outros resistentes abrirán o bombardeo. Eco está formado por dous dos Suaves, Alberto Cereijo e Tino Mojón. Máis música para a demolición.