Sonidos para pintar aquí

La Voz

DEZA

03 jul 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

É certo que as portas pechadas ofrecen algún tipo de seguridade, pero pérdese moita información. E aire fresco. E moita luz.

Abe Rábade presenta o seu novo disco, este con formato de septeto, Open doors, quizais disposto a abrirse as portas que aínda lle quedaban pechadas ou con ánimo de ramatar ese traballo dos últimos anos de facer ver que nada na música queda a distancia.

Rábade presenta o disco en formato grande, orquestando, dándolle profundidade instrumental a ese punto de partida constante que é o jazz. Aplicando ese criterio de que no jazz todo ten que pasar a cada momento, ten que seguir pasando case como se non houbese historia. É unha esaxeración metafórica e as metáforas xa son mentirosas de por si. Rábade o mesmo busca o reverso da música popular con Nordestin@s que pon música de entreversos á poesía de Rosalía de Castro. E non deixa de ser curioso porque calquera outro músico ca súa actividade xa tería gañado a pulso esa etiqueta perversa de todoterreo. Land Rover musical e esa cousas que, en ocasións, gardan relacións ca estatística e coa limitada extensión dos titulares.

Abe Rábade quizais se teña librado do sambenito porque, ao cabo, é un músico de jazz e vai implícita nesa categoría estar disposto a pasearse por todas as músicas coa mesma intención. Coa intención do jazz. Porque o jazz, a pesar de toda a técnica, contado ca improvisación e coa sofisticación da linguaxe, é unha intención.

Open doors, como pasara co anterior Play on light, leva a súa parte plástica para compoñer unha imaxe diferente. Deli Sánchez, que é autor da portada e das ilustracións do disco, tocará en directo coa banda. Tocará os pinceis e os óleos e, neste sentido, sería incluso máis propio dicir que Abe Rábade se presenta con un octeto.

No musical, a banda está formada por Chris Kase (trompeta e fliscornio), Alan Ferber (trombón), dos Estados Unidos, Perico Sambeat (saxo alto) e Jesús Santandreu (saxo tenor), dende Valencia, os portugueses Nelson Cascais (contrabajo) y Bruno Pedroso (batería). Un grupo que se completa co piano de Abe Rábade, que tamén é o responsable da composición.