O 12 de xullo comezará a primeira quenda dun campamento, que se fará ata agosto, en Mouriscade
20 jun 2010 . Actualizado a las 02:00 h.A Federación de Anpas de Pontevedra está apostando pola celebración dun Campamento de Inmersión Lingüística en inglés para alumnos da ESO e de bacharelato dos centros públicos da provincia de Pontevedra.
-Unha boa oportunidade para potenciar a aprendeizaxe do idioma inglés...
-O obxectivo non é outro que potenciar dita aprendizaxe. De feito é a primeira vez que dende a Fanpa facemos esta inmersión íntegra de 24 horas en inglés. O que ofertamos é a posibilidade de vivir 24 horas en inglés. Queremos que sexa unha inmersión lingüística de verdade e mesmo cando os rapaces fagan alguhna visita haberá tradución simultánea.
-¿Como vai ser o día a día do campamento?
-Estructuramos quendas no campamento, que se fará no albergue Vicente Agulló de Mouriscade en Lalín, e a primeira arrancará o 12 de xullo. A intención é que remate a finais de agosto e que -en cada quenda- haxa 48 rapaces. O primeiro día procederase a facer grupos por cursos e, posteriormente, haberá xuntanza de profesores que avaliarán o nivel dos rapaces e os asignarán a cada grupo segundo o nivel de inglés que posúan. No campamento haberá club de lectura, proxectaranse películas en inglés -e os alumnos comprobarán que se poden entender se se presta atención-. Os profesores promoverán debates, os chavales aprenderán a xogar ao béisbol e están previstas saídas.
-¿A onde irán?
-Á Casa do Patrón, á praia fluvial, á granxa de Mouriscade e montarán a cabalo. As actividades, e o campamento en sí, celebrarase nun entorno que é perfecto para desenvolvelo. Mesmo, se é posible, os rapaces irán ata o laboratorio e todas as explicacións se lles darán en inglés -mediante traducción simultánea nalgún caso, como decía antes-.
-¿Os asistentes serán sometidos a algunha avaliación?
-A avaliación faráselle ao entrar para comprobar o nivel de inglés que teñen e, ao final, penso que os profesores verán o que avanzaron os alumnos en quince días de aprendizaxe intensiva.
-¿Cal é o principal problema que teñen os rapaces á hora de falar inglés?
-Que lles dá vergoña. Non se atreven a falar e o inglés non só se aprende na clase. É importante que lle collan gusto á lingua.
-Primeira experiencia destas características da Fanpa en Lalín, ¿por que escolleron a capital dezá?
-Está no medio da provincia e nós traballamos para toda Pontevedra e o sitio que nos cedeu o Concello é magnífico.
-¿Falar dun volume de participación é arriscado?
-Bastante, ao tratarse dunha primeira experiencia. Animamos a todos os pais a que anoten aos seus fillos a través do teléfono 986 843 412 e poden facer as consultas na páxina www.nontedurmas.org.