«Cada céntimo que baixe o leite debe subir un litro a producción media»
25 feb 2012 . Actualizado a las 07:00 h.Ángel Ávila Coya, é de O Porriño pero con vinte años años residindo en Lugo. É veterinario, nutricionista e asesor en vacún leiteiro. Onte ofreceu una conferencia nas Xornadas Técnicas de Vacún de Leite promovidas polo Concello da Estrada. Debullou didácticamente os entresixos dasgranxas con exemplos reais e situando ao sector na realidade que debe superar se quere ser competitivo, sobre todo vía alimentación animal. Cifrou nun 90% as granxas sen control empresarial real.
-A porcentaxe é enorme. Levo cen ganderías e só dez levan ben os custes, e falamos de ganderías cun millón de qilos de cota. Normalmente levan as facturas ao contable e dilles se quedan cartos ou non, ou pide facturas... Pero realmente saber os custes de producción de alimentación, de personal, de amortizacións ou de suministros non os saben, ignoran donde están.
-Entonces conferencias como a de hoxe son de concienciación.
-E de poñerse mans a obra, que teño que facer para que a miña granxa sexa rentable: analizar os datos e a situación. O primeiro é un labor de convencemento.
-Estudia un grupo de granxas, ¿qué balance arroxan?
-Si, son 10 granxas e o ano pasado o beneficio neto foron 6 pesetas litro pero hainas que perderon 4 e unha que gañou 14 ou 15, depende de amortizacións, gastos de man de obra e da eficiencia, como calquera empresa.
-Vostede mide a rendabilidade máis en litros que en vacas...
-Temos que intentar que a vaca teña a máxima producción leiteira posible na situación actual claro, porque os custes fixos non os quita nadie. Un gandeiro xoven,que son os que van quedar, que investiu en establo novo, que ten nómina e ten gastos de alimentación ten que subir producción para reducir os gastos.
-¿Vaca ou explotación?
-Falamos de vaca. En man de obra son 50 por persoa, mellor, 1.500 litros-persoa, para ter equilibrio. Para dúas 3.000 litros. E falamos dun gandeiro que está dentro da granxa, se traballar no campo xa e outra cousa., hai que contabilizar tamén esa labor.
-Pero sempre con boa xestión...
-Ordeño, coidado de animais, dar de comer e vixiando o gando. Moitas veces non é rentable comprar un tractor para traballar 4 ou 10 hectáreas. En Lugo a maior parte teñen maquinaria mínima, case todo é contrato externo, externalizan os servizos, teñen o seu campo pero contratan esos servizos e están ao deles, na granxa. O gandeiro ten que ser gandeiro e non gandeiro-agricultor, e moi difícil levar as dúas cousas a vez.
-E ¿contable?
-Contable tamén pero máis recolector de datos que analizador e con asesoramento externo.
-Vostede relaciona baixada de prezos e producción...
-Cada céntimo de euro que baixe ten que subir a media de producción un litro. Unha granxa no 2005 con 25 litros era rentable, hoxe con 30 litros anda xusta co seu gasto de amortización alto. Menos de 30 litros pode ser inviable para un xoven.
-Quéixanse moito os gandeiros.
-Si porque lle baixan o leite, por todos os gastos pero penso que antes de queixarse hai que analizar. Vexo gandeiros... un matrimonio e un fillo en Lugo con 90 vacas en ordeño decíanme que desde o 2009 para aquí non notaron a crise ¿Porqué? É moi eficiente. Ten servicio externalizado para taballar a terra, fai bos forraxes, pasa moita horos na granxa e busca a eficiencia. Depende da xestión.
-¿Cómo anda a eficiencia nas ganderías gallegas?.
-En Galicia quedarán 2.500 ou 3.000 de aquí a 5 ou 6 anos. No 95 dixen que no 2005 iban quedar 12.000 e foron casi 14.000. Se temos 2.200.000 toneladas de cuota e a dividimos entre 500.000 kilos por granxa, que son 1.500 litros diarios, salen as 3.500 granjas. E en control leiteiro hai 4.000.
-Forraxe, pienso...
-É a pregunta do millón. O problema que temos en Galicia é de concentración parcelaria, non hai propiedades moi grandes....
-E Europa apoia a extensión ...
-Si pero en Galicia ningún goberno que pasou pola Xunta se puxo mans a obra, non sei se é temor a perder votos... Penso que PP, PSOE e BNG teñen que poñerse de acordo para facela, é vital. Cómo vamos competir en Europa, e eso non se fai nun día.
-Fala de granxas sen terra.
-É una explotación familiar, unha filla con un empleado que axuda no ordeño e compra todo. E é rentable. O ano pasado quedaronlle 16 pesetas porque non ten amortización, está limpa de crédito, e ainda quitándolle as 6 pesetas de subvención da extensificación da PAC ainda lle quedan 10. Ten producción moi alta por vaca.
-¿Non hai standars?
-Non hai traxes a medida para cada granxa. É analizar ben cada situación e definir a forma de actuar. Independentemente de extensivo ou intensivo, son partidario de produccións altas.