odos desexamos que a situación económica e laboral mellore, sobor de todo aqueles que perderon o emprego ou os xovenes que non conseguiron ningunha ocupación laboral remunerada, pero a realidade do 2013 non foi quen de fixar novos nichos de creación de emprego, ou de que se recuperasen minimamente sectores que foron punteiros na economía dezana, como a construcción e a madeira, o textil, a industria?Soio resiste, ainda que sexa con dificultades, o sector da industria agroalimentaria.
Constatar a venda de maquinaria con destino a India, por parte de empresas pechadas do sector textil, comprobar que o sector servicios ocupa cada vez a menos traballadores, ou que empresas moi importantes na Comarca, como Portadeza, reducen drásticamente o plantel a golpe de EREs extintivos, son a expresión real de cómo se sigue a destruir emprego estable que non volverá, para ser substituido, no mellor dos casos, por emprego precario a tempo parcial. Os datos do paro rexistrado do mes, sendo malos, agachan detrás de sí unha realidade ainda peor, xa que non recollen a aquelas persoas que xa non se rexistran voluntariamente no Servicio Público de Emprego sí perderon o dereito a percibir unha prestación, ou que emigraron en busca de traballo noutro pais.
Sí se toma como referencia a poboación traballadora de alta na Seguridade Social, temos unha radiografía precisa, de quen efectivamente ten traballo, e aquí os datos son demoledores: na provincia de Pontevedra hai ? 4.615 traballadores ocupados en decembro de 2013 con respecto a decembro de 2.014 de alta na Seguridade Social.
Ou se cambian as políticas públicas para a incentivación e a creación de emprego, ou o incremento real do emprego ainda tardará anos en chegar