David Vázquez destaca que «é un soño» poder chegar a este nivel do automovilismo
29 dic 2014 . Actualizado a las 22:39 h.david vázquez copiloto estradense que correrá co chileno Ramón torres
O copiloto David Vázquez (A Estrada, 1976) competirá este ano no Mundial de Ralis na súa catería WRC2. Acompañará ao piloto chileno Ramón Torres a bordo de un Ford Fiesta R5. Xa correra algunha proba do máximo nivel pero de xeito puntual nas súas dezaséis tempadas nesta labor.
-¿Qué supón para vostede chegar agora ao Mundial?
-Sempre cando empezas queres chegar. Eu non coñecía os ralis e un amigo díxome ?imos ver un rali? e fun a Portugal cando tiña 15-16 anos. Despois, pensei, quen me dera poder correr. Precisamente, empecei a correr con este amigo (Tito Lodeiro) despois dun ano. Logo, vía correr a Senra nun Kitcar e pensei que me gustaría correr nel, e fíxeno. Despois, ía o Mundial, e dicía ?quen me dera?... E agora poderá ser. Penso que é o soño de calquera copiloto ou piloto. E por enriba se dixeramos nunha categoría pequena..., pero será nun coche punteiro na segunda categoría do Mundial na WRC2. Entón, xa estás case no máximo ao que podes aspirar. Faime moita ilusión. Corrín catro ralis do Mundial pero isto é outra cousa. O primeiro rali que vou correr este ano é en Arxentina, e despois, Finlandia, que é o rali que todo o mundo soña algunha vez. Tamén iremos a Polonia, Cerdeña, Portugal, Inglaterra... Para min supón unha experiencia para disfrutar non creo que sexa para gañar nada, porque está difícil. É o primeiro ano que vai facer o Mundial e non creo que poidamos gañar. Pero el (Torres) proponse un proxecto a tres ou catro anos.
-¿Como xurdiu a posibilidade de competir co piloto chileno?
-Foi unha casualidade. Teño que agradecerllo a Roberto Méndez, o patrón de RMC. Eu son o copiloto de confianza e Ramón correu con Roberto con RMC un par de ralis oficiales. Tiña un copiloto arxentino. Ramón leva poucos anos nos ralis, catro, e foi autodidacta. Todo o que sabe aprendeuno por si e buscaba un copiloto que lle botara unha man e co arxentino ben pero tampouco lle aportaba demasiado. El estaba correndo con Mitsubishi no Mundial e apetecíalle probar un R5. Entón, Méndez propúxolle vir a España e correr co R5 e facer un proxecto para o 2015 no Mundial. E entón, propuxéronme correr esa carreira de Cervera en Cataluña con Torres. Quedei con el, non nos coñeciamos de nada, e compenetrámonos moi ben e houbo moi bo «feeling». E entón, eu no que podía, botáballe unha man. E o cabo do rali xa me dícía ?para el año usted tiene que venir a hacer los Mundiales conmigo?. Volvín para casa e aos poucos días chamoume e díxome ?maestro (porque me chama así), tienes que venir conmigo?. E foi así. Ao pouco tempo comprou o R5 e xa está en Chile.
-Dicía antes que o obxectivo non é gañar, ¿cal é a meta?
-Este ano o obxectivo é acabar ralis e, segundo avance a tempada, intentar acabar entre os tres-cinco primeiros. A categoría WRC2 é supercompetida. O no 2013 gañouna Kubica e no 2014 o que gañou o Dakar. Ves que hai un bo nivel. Nós o que intentaremos ir mellorando. O Mundial o bo que ten é que os tramos case todos os anos son os mesmos. Entón, as notas que colles este ano podes usalas para o ano que ben. Deste xeito, a finalidade é coller unhas boas notas e rodar xuntos moito, para o ano que ven poder ir moito máis rápido.
-¿Cando empeza a preparación?
-O primeiro rali ao que imos nós é en Arxentina. Pero eu en xaneiro márchome 15 días para Chile para empezar a rodar xuntos. El quere cambiar o sistema de notas porque douse conta que, o que tiña era máis complicado. Eu expliqueille un sistema máis mecánico e sinxelo, pero eso ten que ser con tempo. E antes de Arxentina imos facer dous ou tres ralis xuntos, pero aínda estamos mirando. Temos un pequeno problema porque con ese en coche en Chile non podemos competir, pero igual fan unha excepción sen que puntuemos, pero senón iremos a Arxentina antes do Mundial.
-Outros anos estivo compaxinando varias competicións. O Galego de Ralis, o de España ... ¿Esto vai ser posible este ano?
-Si. O WRC2 son sete probas pero claro, cada proba, son sete días de carreira: un día que recolles documentación, dous días que adestras, outro que verificas e tres que corres. Ademais, teño que contar a viaxe de ir alá, o de volta para aquí máis que teño que ir uns días antes por culpa do jet-lag. Entón fánme falta doce-quince días para o rali. A idea tamén é facer o Galego con Meira máis facer o Andaluz con Sergio Alba.
-¿Cal é a proba que máis destacaría do Mundial e lle gustaría correr? Antes nomeaba a Finlandia...
-Sobre todo Finlandia, porque é o rali que máis atrae. Son unhas velocidades incribles polo medio dos bosques, con moitos saltos... Pero agora mesmo o que máis espero é Arxentina. Cando me vexa na saída do rali alí sentado no R5 penso que non o vou a crer. Verte en Arxentina correndo un rali do Mundial empezando como empecei eu, que non coñecía os ralis.