Capela Sixtina de Roucos, arredor de Laxeiro e artistas dezás


No día da Constitución, saímos a hora do xantar, este que escribe e o artista plástico, Xavier Lemos do seu estudio, camiñar paseniñamente e ir ao encontro con Antonio Carrasco e Sirita, compartillar con ámbolos dous, mesa e mantel na Capela Sixtina, que bautizara o pintor de Amoeiro, Antón Pulido, sita no Bar Roucos, templo culinario fundado hai moitos anos por Sem, paisano chegado de terras ourensans de Cenlle, acompañado da súa dona Adela de San Amaro, pais de ambolos dous irmáns, establecéndose na rua Santa Marta, a poucos metros, onde foi a morar igualmente Lemos Godoy, cando casara ante o Cristo da Victoria, naquel 25 de Xullo de 1969, con Xesusa Sotelo García, traballadora de Radio Vigo, tendo como veciñanza a outro elevado expoñente das artes plásticas, Xosé Conde Corbal.

Arredor dos fogons de Adela noutrora, alen dos citados, un fervedoiro de artistas, escritores, poetas, bohemios, políticos, editores, daquí e dacolá, Antón Lamazares, Guillermo Aymerich, Acisclo Manzano, Vidal Souto, inesquecibles Xosé Otero Abeledo e o seu inseparable home de confianza Antonio Costa, Lodeiro, Paco Lareo, Mantecón, Alfonso Sucasas, Xosé Guilermo, Mario Granell, Xavier Pousa, Antón Taboada «Willy», Carlos Oroza, Celso Emilio Ferreiro e tantos outros expoñentes da palabra e da escrita como Ferrín, Xosé Manuel Ponte, Xerardo Rodríguez, Gustavo Luca de Tena, Bieito Ledo, uns e outros, deixaron na taberna unha forte pegada literaria e artística.

«El pájaro en el nido para Sira», así adicara o pintor de Donramiro, un de varios debuxos que penduran nas paredes do local a carón da cabeza de Sem, asinado por Xosé Guillermo, pinturas de Barreiro, Huete, M. Caballero ou pirogravados, onde aparece o autor de «Longa noite de pedra», mesmo unha carta enmarcada, asinada por Bernardino Graña no 27 de xuño 1990, onde se pode ler «Hai xa varios meses que teño este poemiña de amizade a tertulia do Bar Roucos. Van pasando os días e non pasa as túas mans como debera...».

«No Bar Roucos, xunto ó porto/ de Vigo, refuxio de ánimas,/ non son roucos nin son ásperos/ os meus amigos que cantan:/ Ciprino, Roberto, Fuco,/ Carmiña, Toñito, Sira,/ Marisol, Olga, Os Manolos,/ con palitroques, naracas,/ guitarras, flautas, ferriños,/ entre vasos de tintorro./ Non son ásperos nin roucos,/ cantando aquí, no Bar Roucos./ Son doces como os amores/ as harmonías, os gozos».

Arredor do cocido, incluido marisco, regado con caldos da Ribeira Sacra, lembramos aquela aventura que se forxou alí mesmo, no ano 1973, cando Conde Corbal lle dixera a Xavier que ía expoñer na porta da Feira Mundial da Pesca en Bouzas, resultando despois que a raíz dunha chamada telefónica que lle fíxera na véspera do acontecimento, Xosé Carlos Rodríguez a Lemos, solicitando que lle pintase as letras do stand de «Orpheo», o xoven artista -ollou un lugar baleiro e sen dudar foi o estudio a procura de cadros sobre a vida e costumes dos mariñeiros e casas do barrio de O Berbés, convertindo o espazo nunha galeria de arte, sendo o primeiro en inaugurarse polas autoridades e no seguinte día titular do xornal El Pueblo Galego : «Un polizón a bordo da Feira Mundial da Pesca». Isto e moito mais, podía acontecer na taberna de O Roucos, a que sigue en pe ao carón do convento dos Franciscanos, dous templos antigos da cidade de Vigo, culinario e relixioso, que non debemos esquecer.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Capela Sixtina de Roucos, arredor de Laxeiro e artistas dezás