O Ateneo acolle o luns 17 unha conferencia sobre Neira Vilas

La Voz

DEZA

12 abr 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O vindeiro luns 17 de abril ás 19.30 horas o Ateneo de Santiago acolle unha conferencia titulada Neira Vilas, unha vida de compromiso. Trátase da primeira actividade dun programa conxunto coa Fundación Neira Vilas integrada no ciclo Os luns do Ateneo. A charla será impartida pola profesora de Literatura Galega da USC, Dolores Vilavedra.