Unha boa Esmorga antes da Empanada

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

Adrián Freiría

19 ago 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O Esmorga Folk volveu a demostrar porqué é un dos festivias de música decanos de Galicia. Preto dunha decena de actuacións congregaron a centenares de persoas na Carballeira da Pomba, que a pesares da chuvia gozaron dun gran espectáculo con Leilía como concerto estelar da noite. Grupos como Caxade, A Requinta da Laxeira ou Rack and Ruins fixeron as delicias do público asistente. Con esta xornada na que tamén se celebrou o Bandeirap, queda todo listo para o día grande da Empanada, que será hoxe dende as 12.30 horas e ao longo do día na mesma carballeira.