Embutidos Lalinense presume do uso do galego en Compostela

La Voz

DEZA

10 oct 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Representantes da empresa Embutidos Lalinense participan hoxe no acto de homenaxe á empresa Castromil pola súa labor de galeguización que acometeu xa fai 30 anos e que terá lugar no Pazo de Fonseca, en Santiago de Compostela. O foro Enrique Peinador, da man do seu presidente, convidou a firma lalinense a falar tamén do seu proceso de galeguización reivindicando o uso do galego.