A Fundación Neira Vilas convoca o premio Anisia Miranda de teatro infantil

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

15 feb 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A Fundación Xosé Neira Vilas convocou unha nova edición do premio Anisia Miranda de teatro para a infancia. O prazo de admisión de orixinais pecharase o día 15 de abril e un xurado de recoñecido prestixio escollerá a obra gañadora. O galardón está dotado con 1.000 euros e entregarase o 25 de maio na seda da entidade na localidade cruceña de Gres.

Poderán participar todos os interesados con textos inéditos en linga galega. Os orixinais deben ter un máximo de 30.000 caracteres con espazos incluídos. Deben enviarse ao enderezo electrónico fundacion@neiravilas.gal, onde debe xuntarse a obra dramática para o público infantil nun arquivo cun lema, e outro nomeado como plica onde irá o lema empregado para o anterior. Figurarán aquí os datos do autor e unha breve nota biográfica.