A firma Embutidos Lalinense recibe o Premio á Galeguidade

La Voz

DEZA

miguel souto

A empresa dezá estrea co gallo do seu 75 aniversario unha peza documental na que se recolle a súa traxectoria

25 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe a empresa Embutidos Lalinense recibe o Premio á Galeguidade Empresarial nun acto que terá lugar a partires das 12.00 horas nas súas instalacións de Agruchave. organizado polo Foro Enrique Peinador, contará coa asistencia dunha nutrida representación política, social e empresarial.

Contase coa presenza do presidente do Foro Enrique Peinador, Xosé González Martínez; a do alcalde de Lalín, José Crespo e do Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García.

No recoñecemento intervirán ademais tres persoas vinculadas ao foro e que se distinguen pola súa implicación coa normalización do galego: Carlos Varela, fiscal da Fiscalía Superior de Galicia; Lito Andión, xerente da cooperativa Hoxe e Manuel Rial, director xeral de Seguridade A1.

O evento estará presentado polo cómico Rafa Durán e amenizado pola formación de gaitas Os Dezas de Moneixas. Embutidos Lalinense aproveitará a ocasión para estrear en primicia unha peza documental na que se recolle a traxectoria de Embutidos Lalinense, unha firma familiar que celebra este ano o 75 aniversario da súa fundación. Este traballo audiovisual foi realizado por la produtora Arthur Gordon, que dirixe o lalinense Emilio J. Fernández. A celebración e a entrega dos premios terá lugar no interior dunha carpa emprazada nas instalacións da empresa en Agruchave, en Lalín.

A organización ten confirmada a presenza do conselleiro de Educación, Román Rodríguez; do eurodeputado lalinense, Nicolás González Casares e a do secretario xeral do PSOE, Xosé Ramón Gómez Besteiro. Estarán ademais outros representantes da política local. do sector empresarial galego e tamén, como non podía ser doutro xeito nesta festa, todo o persoal de Embutidos Lalinense.