15 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.
As catro sobriñas de Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas depositaron onte flores na tumba da escritora no cemiterio de Gres onde descansa, cando se conmemoran 15 anos do seu pasamento. A sede da Fundación acolleu un acto de lectura de textos de Anisia Miranda e doutras damas das letras no Día das Escritoras, os actos contaron coa asistencia de veciños, membros do Padroado da Fundación e do concelleiro de Cultura de Vila de Cruces, Julio López, entre outros.