Outro punto de interese con protagonismo dezao en termos artísticos ten como protagonista ao colectivo Nova Escultura Galega (NEG), do que forma parte Misha Bies Golas (Lalín, 1977) xunto a Jorge Varela, Diego Vites e Alejandra Pombo. En Normal, o espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña, as súas creacións forman parte da exposición colectiva Fío do Norte, comisariada por Juan Luis Toboso en diálogo con Filipa Ramos.
A mostra poderá visitarse ata o día 31 de xaneiro do 2025 e nela tamén hai presenza, xunto a Misha Bies Golas e NEG, de Laxeiro. Trátase dun encontro entre un grupo de artistas que traballan ao redor do noroeste ibérico en múltiples dimensións, tanto a sensorial e mítica como la colectiva e persoal, conectando paisaxes, presente, pasado e futuro, cunha base tamén memorialista. Fío do Norte pode considerarse ademais unha investigación especulativa sobre a linguaxe do territorio, a súa sensorialidade, o animismo da paisaxe e a súa conversa con visións actuais dese territorio ancorado no pasado, e a súa proxección a futuro.
No caso de Nova Escultura Galega aborda no seu montaxe unha narrativa artística desde una etnografía asociada á escultura popular galaico-portuguesa. Mentres, a obra de Laxeiro presente na mostra, como destacan os seus promotores, aborda o fantástico e sombrío do tempo de Entroido, reflectindo un grupo de personaxes que andan perdidos por unha paisaxe montañosa que acompaña, nas súas formas, a idea dunha ilusión ou de alucinacións propias dos rituais pagáns.
Para quen descoñece a xénese de Nova Escultura Galega hai que lembrar que un intercambio de arquivos, imaxes e obxectos no 2018 entre Misha Bies Golas e Jorge Varela foi o punto de partida. No 2021 sumábanse ao colectivo tanto Diego Vites como Alejandra Pombo. NEG materializou no 2021 a primeira exposición no Centro Internacional das Artes José Guimarães en Portugal, con Os papéis de NEG, Projeto Colosso. Parte das pezas de aquela mostra despois formaron parte da aberta no 2022 no Museo do Pobo Galego en Santiago. Despois chegou algunha máis, por exemplo en Ourense, e agora na Coruña.
Pezas propias ou coleccións atesouradas polos integrantes deste colectivo artístico conforman sus propostas nunha escultura que camiña por canles máis modernas pero tamén universais, con liberdade de materiais e contidos.