Juan Lamelas recibe o día 20 o premio do Balbino de relatos

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

16 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O escritor Juanjo Lamelas (ourense, 1964) recibe o día 20 o premio do concurso Balbino de Relatos por o meigallo de soños. O acto terá lugar, ás 20.00 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. O autor galardoado estará acompañado polo profesor, escritor e membro do xurado do certame, Xosé Manuel Lobato; a profesora e escritora, Rosalía Morlán; o presidente da Fundación Neira Vilas, Fernando Redondo; o concelleiro de Cultura do Concello de Vila de Cruces, Julio López; o deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Jorge Cubela e o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo. Durante o acto se contará co acompañamento musical de Armando González.