A Fundación Neira Vilas de Vila de Cruces convoca a cuarta edición do Premio Anisia Miranda para Infancia
LALÍN / LA VOZ
DEZA
12 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
A Fundación Neira Vilas convoca a cuarta edición do Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia co apoio da Dirección Xeral de Cultura da Xunta. Os orixinais, que deberán estar escritos en lingua galega, terán un máximo de 30.000 caracteres e os traballos deben enviarse ao enderezo electrónico fundacion@neiravilas.gal. O prazo para o envío remata o vindeiro 15 de abril e o acto de entrega dos galardóns celebrarase o 18 de maio nun acto no que a Fundación celebrará tamén o Día das Letras Galegas. O galardón está dotado con 1.000 euros, así como a publicación da obra ganadora, a cargo de Edicións Embora. Co certame búscase promover e impulsar a creación de textos dramáticos para nenos e nenas.