Vivimos nun pobo parada e camiño de Galiza. Acollemos ben. Pero algunhas veces, neste caso desde o Concello, querendo informar, trabúcanse, a pesar de teren obriga de sabelo por deber e contrastar ben o que se quere dicir. Hai responsabilidades, pois non todo alegremente vale. Estamos a falar dos nomes das nosas rúas e lugares postos, a fins de informar de tráfico pola vila, en follas voandeiras polas casas, ditas «Restriccións Estacionamento e Circulación» por mor da proba ciclista Grande Camiño 2025.
Nelas reiteradamente lese Praza de Martínez Anido, cando é ben sabido que oficialmente o seu nome é Praza do Mercado. Todo pois a feito de lixeireza, parécenos, cando non de non querer saber e darlle para adiante que «para o galego, todo vale». En
dito de Entroidos «toque a música e imos… e que vaian vivas» ( e así tamén, para non honra da memoria histórica, seguimos a sufrir os nomes de tan mal recordo das rúas
Capitán Bernal, ou Calvo Sotelo, que non foron emendados). Para cando, en especial desde as institucións, desde os departamentos e asesorías municipais, neste caso, notarmos a interiorización dos contido nosos e históricos, galegos, dos coñecementos e saberes dos nosos nomes, acordes coa memoria, historia, cultura e lingua?. Quen debesen seren exemplarizantes? Xa vai ben o aquel de que «en cada roca seu fuso e en cada terra seu uso». Facer ben as cousas, con boa actitude, valoraliza a estima polo propio e dálle pulo ao irnos na modernidade. Sexamos rigorosos e no canto de pasar das cousas, o mellor, repasalas.
Identidade e lingua
Todo vai na esencia, identidade, cultura e lingua, pois perdéndonos, os nosos nomes como as nosas palabras, non se reflicten nos nosos espellos.Xa pouco, ou nada se pensa, nin se pronuncia, nin se escribe. Xa os sons merman en morrendo. Péchase a porta ao que é ser e ao que é vida. Como nos empobrecemos.
E así por todo e máis, poñamos interese por facer ( nomear) ben o que debemos. Que nada alegremente pase por alto.